jueves, 19 de mayo de 2016

Packaging 2

Despois do fracaso coa primeira caixa de viño, decido facer un novo packaging, máis sinxelo, pero cun traballo mais meditado xa que esto xa viñera á miña cabeza anos atrás, dado que eu sabía que os tarros que conteñen alimentación podían ser moito máis rechamantes.
Aquí deixo uns exemplos dunha liña de coleccionables que poderíamos obter en calquera supermercado.
Podemos recordar que estes productos conmemoran a Manuel María nas letras galegas 2016.


Exemplos:




miércoles, 18 de mayo de 2016

Silla

Neste caso, cámbiase a decisión, a primeira cadeira estaba pensada para un exterior ou un salón. Pensada para facer en madeira maziza e para un numero moi limitado de exemplares. A silla pretendia ser irregular combinando os lados mais grosos e baixos ca o listón do medio. Foi inadecuado porque non se adapta ao corpo e chegaría a ser incómodo polos ángulos e a falta de curvatura. Este era o modelo inicial:






A segunda proposta foi unha cadeira destinada a unha mesaiña de xardíbn, pero non era cómoda e o resultado non era o desexado:


A última idea é unha cadeira para un xardín ou para unha habitación xuvenil. Tráta dunha cadeira cun respaldo e un asento conxuntos en forma de laranxa e as patas feitas con unha estructura metálica, facendo así que a estructura se funda coa natureza do xardín ou coa xuventude que aporta o sabor cítrico.


Packaging


Neste caso, o obxectivo é facer o packaging dun producto. Eu escollín unha caixa para unha botella de Ron Barceló. O envase será feito a man, cunhas láminas de madeira para dar un aspecto artesanal. As partes estarán unidas con puntas, e a tapa xuntarase ao último grupo cunhas visagras. Na tapa levará o logo da bebida. Dentro rellenaremos con papel ou plástico.
Pola parte exterior da caixa colocaremos un cartón branco co logo de Ron Barceló que será fácil de retirar.
Este obxecto será agasallo que irá xunto coa silla previamente deseñada, aportando así, as duas cousas en conxunto un toque de distinción.

jueves, 5 de mayo de 2016

Cartel para a exposición

Neste cartel tentase invitar a unha exposición feita polos alumnos e algúns profesores do bacharelato de artes do Ies Praia Barraña de Boiro. O tema é o Éxodo.
Eu decanteime por un fondo degradado onde as cores principais son amarillo, cyan e magenta, de acordo ás cores primarias da síntese sustractiva, querendo simbolizar así a técnica coa que traballamos con maior carga informativa.
A miña primeira idea era pintar cos meus propios dedos unha persoa debuxando nun cabalete, facendo referencia a que nos mesmos facemos todas as obras expostas no acto, pero esta idea non se axustaba ao que podía chegar a representar, así que decidín poñer unha pegada do pe, facendo referencia, tanto ao paso das persoas que teñen que emigrar dos seus países para ir buscar traballo a outros. Ademais, esta pegada tamén quere significar un paso máis cara unha carreira, un ciclo, ou mesmo un traballo para o vindeiro ano, así como o paso que significa expoñer os nosos traballos para que sexan xulgados por alguén máis que os nosos profesores.
O texto está distribuído para que o tema da exposición resalte, ao igual que o tempo que estará exposto.


sábado, 30 de abril de 2016

Ideas para o anuncio

Para o spot publicitario, a miña primeira idea era unha campaña contra o tabaco, pero a idea non foi adiante por certos obstáculos. A miña segunta opción era un anuncio para fomentar o deporte. Nel grabarei varias secuencias de diferentes deportes para montalas en planos curtos e móbiles, que transmitiran un efecto de dinamismo.

miércoles, 13 de abril de 2016

Cartel semana temática



Nestaavaliación, como primeiro traballo, a proposta foi un infograma, tendo que tratar os temas dunhas frases que nos foron asignadas.
A miña frase era "La ganadería ocupa el 45% de la superficie total del planeta".
Aquí vos deixo uns bocetos e o cartel final:


Así é como alineei os animais



Así é como quedaron os bocetos, o seu fallo máis destacable é que non se podía usar a cor negra, e estes carteles contéñena.

CARTEL FINAL
Cartel cun texto comprensible, e un grupo de animais que o acompañan cunha intención tanto informativa como estética.
Úsanse os cores sinalados (branco e laranxa para o texto e verde para o fondo) sendo utilizado o laranxa para destacar palabras ou cifras.


lunes, 14 de marzo de 2016

Entradas, rifas e presentación

Aquí vos deixo as entradas rifas e a presentación que fixemos para o desfile, e para a charla que posteriormente tivemos que dar na feira da moda o sábado seginte. Nela todo foi ben, falamos os catro finales integrantes do grupo e escoitamos tamén a historia das fábricas de galicia, e en especial, a de Boiro, da man dunha antiga traballadora da fábrica. Adxunto tamén o cartel do desfile.