Neste cartel tentase invitar a unha exposición feita polos alumnos e algúns profesores do bacharelato de artes do Ies Praia Barraña de Boiro. O tema é o Éxodo.
Eu decanteime por un fondo degradado onde as cores principais son amarillo, cyan e magenta, de acordo ás cores primarias da síntese sustractiva, querendo simbolizar así a técnica coa que traballamos con maior carga informativa.
A miña primeira idea era pintar cos meus propios dedos unha persoa debuxando nun cabalete, facendo referencia a que nos mesmos facemos todas as obras expostas no acto, pero esta idea non se axustaba ao que podía chegar a representar, así que decidín poñer unha pegada do pe, facendo referencia, tanto ao paso das persoas que teñen que emigrar dos seus países para ir buscar traballo a outros. Ademais, esta pegada tamén quere significar un paso máis cara unha carreira, un ciclo, ou mesmo un traballo para o vindeiro ano, así como o paso que significa expoñer os nosos traballos para que sexan xulgados por alguén máis que os nosos profesores.
O texto está distribuído para que o tema da exposición resalte, ao igual que o tempo que estará exposto.

No hay comentarios:
Publicar un comentario