jueves, 10 de marzo de 2016

O desfile!

Levounos moito traballo. Os primeiros días do blog do desfile foron moi puntuais, pero co paso dos días, e o aumento do agovio, as nosas cabezas centráronse máis noutras cousas. Comezamos a distribuir o espazo tan pronto eleximos o lugar no que o íamos a facer. Das nosas cabezas saíron varias propostas que adxunto a continuación, pero a final, foi a mesma que os dous vimos cando entramos en aquel espazo, os vestiarios ao fondo, unha pasarela un forma de u percorrendo todo o lugar, moitas sillas, e uns cantos adornos polos sitios aos que queríamos que a xente prestase atención. Os vestiarios estarían divididos ao principio, fallando esta idea ao non conseguir o material suficiente, a pesar de intentalo múltiples veces, sin unha solución. Para facer as estructuras que dividirian a pasarela do Backstage utilizaríamos cortinas, pero estas quedáronsenos escasas e fomos a por madeira para facer unha estructura e suxeitar así cas pesadas cortinas.a mesa do dj e a mesa das entradas faranse con palets para dar un toque desenfadado e aforrar así tamén. Referente aos carteles, decidimos poñelos mna entrada, sitio por onde pasaria todo o mundo, quedando así con un orde aleatorio e deixando á elección das tendas a calidade dos seus logos, xa que así foron subidos á web.
respecto ao Maniquí, serviria de soporte para mostrar o  vestido de María e os pendentes de Danae, pero esto non foi posible dado que o maniquí non se axustaba ás medidas do vestido, feito este a man, nin nel lucían tampouco os pendentes de Danae.
Este foi o resultado en papel, e máis tarde, cando os fotografos teñan as fotos reveladas, subiremos as fotos do proxecto levado á realidade.
Tanto antes como despois do desfile a"La Voz de Galicia" publicou dous reportaxes sobre nos:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/boiro/2016/03/11/glamurosa-pasarela-alumnos-praia-barrana/00031457641333708470550.htm
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/boiro/2016/02/18/alumnas-do-bacharelato-artistico-ies-praia-barranamandaronnos-facer-deseno-clase-decidimos-montar-desfile/0003_201602B18C12991.htm
Moitas gracias por acudir a este proxecto e esperamos a vosa presenza no II DESFILE FUTUROS DESEÑADORES.

Agrademecemntos: Señor Balón,Blanco,Nüa, Lijó, D'eluxe, Newloft, El tocador de mujher 21, Kaaus, Concello de Boiro, Lisvaz, Blanco Negro, CasualKash, Pillados, Chicolino, Aos noso profesor de deseño, Pascual; aos pais que axudaron a montar a estructura das cortinas, a Nacho, a Fran por deixarnos o maniquí, aos fotógrafos, a Dj Álvaro Mix polo compromiso, aos nosos deseñadores de moda (María, Estéban e Sara), aos pais que axudaron nas compras e nas idas e vidas dun punto a outro, a Nacho, o encargado polo alcalde para axudarnos no que precisásemos, aos integrantes da protección civil, a Nino Pieri por donar duas pezas de roupa para sortear, e sobretodo, aos modelos e organizadores, pola paciencia e o compromiso.

 Esta entrada foi preparada por Elías e Paula en conxunto para a súa publicaión en cadanseu blog.





No hay comentarios:

Publicar un comentario