As seguintes imaxes pretenden resumir a obra dun autor, destacando a súa mellor aportación dende un punto de vista subxectivo.
A PRIMEIRA IDEA foi un fragmento da canción "Se le apagó la luz" de Ajejandro Sanz, a cal trata dun mozo e unha moza que van no coche e teñen unha accidente, entón o rapaz conta como vive o camiño ao hospital. Parecíame boa idea poñer un coche, polo tema da canción, pero o resultado final, estéticamente, non quedaba axeitado polo espacio entre as frases, co cal, foi descartada.
A SEGUNDA IDEA é unha fragmento da cancion "19 días y 500 noches" de Joaquin Sabina, tratando o tema da perda dunha moza. Pensei nesta idea polo ritmo e a musica da cancion, contendo frases que independentes cobran sentido, e podendo representar así ao autor. Esta idea foi descartada por non compaxinar ben unhas fontes con outras.
A TERCEIRA IDEA é unha simple frase da mesma canción que antes, "19 días y 500 noches", de Joaquin Sabina. Neste caso, a idea non foi adiante pola simpleza, o espazo entre palabras e a pousa estética do cartel.
A CUARTA IDEA, E DEFINITIVA ven tamén da canción "19 días y 500 noches" de Joaquin Sabina, que resume perfectamente o tema da canción. As tipografías vanse alternando para non dar sensación de desorde, e utilízase o branco e o negro para representar a simpleza.




No hay comentarios:
Publicar un comentario