lunes, 7 de diciembre de 2015

Intervención nas rúas

O pasado sábado 28 de novembro estaba proposta un actividade que consistía en pegar uns carteis que previamente habíamos feito para colocalos nunha serie de ventanas que, en teoría, estaban pedidas aos propietarios e estes non viron ningún inconvinte. Un día antes, comunicáronnos que o espazo superior da casa blanca, o que pertencía ao noso grupo, non estaba dispoñible dado que era perigoso, demasiado alto, e ademais, non estaba pedido. Cando chegamos alí, o día da actuación, no nos permitiron poñer os carteis que se colocarían nas partes altas da casa debido a que ao final, non había seguro. Ademais, había carteis que non coincidian coas medidas das ventanas, así que buscamos un espazo para poñelos, guiados por un dos organizadores da actividade. Nos decidimos poñelo outro día xa que tiñamos un tempo axustado. Iremos hoxe á tarde falar con eles para pegalo no sitio que nos indiquen, para ver se hai sorte e non nolo arrancan como aos nosos compañeiros. De todas formas, e aínda que este proxecto non saíra moi ben, aprendemos o que é traballar na vida real, fóra do instituto, e tamén poidemos ver como afrontar os problemas que se presenten nos seguintes traballos.
O noso traballo trata o tema da igualdade poñendo a persoas bastante coñecidas, formando dúas parexas homosexuais e unha heterosexual. Foi usada a acuarela e os lápices acuarelables para un mellor acabado.

Este é o noso cartel rematado:

No hay comentarios:

Publicar un comentario